Este é un blog no que encontrarás todo o referente os deportes en Redondela, como os equipos que teñen equipos xogando actualmente, ou a actividade Redondelana que existe na rede de atletas NIKE+.com, etc. Aquí vos deixo co Blog XD


Patinaxe Bolboreta

Posted by xurxo | Posted in | Posted on 11:25

Este é un club de patinaxe que consta dunhas oitenta patinadoras e adestran normalmente os venres, despois de que o ano pasado tiveran tantos problemas por conseguir un pavillón para adestrar. Agora, este ano todos os problemas están solucionados e se queredes ir a ver adestrar, xa sabedes o pavillón de Reboreda está aberto ao público. Esta agrupación de nenas tamén fan competicións como esta, que fixeron o 29 de maio en Randufe, pero non soamente van a outros sitios a facer competicións, tamén as poredes ver algunha vez na xunqueira, sobre todo en verán, porque agora con este tempo, aver quen vai a velas XD 



Comments (0)

Publicar un comentario