O Club Deportivo Choco é un equipo de fútbol redondelán que milita actualmente na Preferente Autonómica, no seu grupo meridional.
O Club Deportivo Choco fundouse no ano 1953, e chegou a xogar sete tempadas na terceira división. O equipo de xuvenís chegou a quedar 4º na Liga Nacional na temporada 1995-96 con Generoso Muíños como adestrador, o mesmo que conseguiría o ascenso que devolvía o Clube Deportivo Choco á Rexional Preferente na temporada 1998-99, 11 anos despois. En agosto de 2010 por mor do descenso administrativo da SD Compostela, foi ascendido de novo a terceira división, logo de quedar 3º na fase de ascenso, pero días despois decidiu rexeitar o ascenso ao non poder pagar a cantidade esixida pola Federación Galega de Fútbol.
Xoga no campo de Santa Mariña, situado na saída de Redondela cara a Pontevedra, onde tamén xogan e adestran todos os seus equipos de categorías inferiores. Viste camisola e medias vermellas e pantalón azul, e o seu segundo equipamento é azul enteiro. O material deportivo é da marca Umbro, que ten a súa sede en Redondela.
Os seus socios roldan os 500. Ten na actualidade un equipo afeccionado que participa na Preferente Galega grupo sur, un equipo de xuvenís na Liga Galega, e equipos doutras categorías inferiores.
Comments (0)
Publicar un comentario