Este é un blog no que encontrarás todo o referente os deportes en Redondela, como os equipos que teñen equipos xogando actualmente, ou a actividade Redondelana que existe na rede de atletas NIKE+.com, etc. Aquí vos deixo co Blog XD


Aquí tedes un mapa con restaurantes

Posted by xurxo | Posted in | Posted on 20:51

0

Se despois de tanto deporte te sintes sen forzas, recuperaas nun destes restaurantes de Redondela.



Ver mapa más grande

E uns hoteles

Posted by xurxo | Posted in | Posted on 20:36

0

E se aínda non tedes as forzas adecuadas e estás tan canso que non podes chegar a tua casa XD, podes ir a un destes hoteles:





  • Casa Catalina Saramagoso, 22 O Viso, Redondela.(casa rural) 
  • Tlf. 986 495 788

  • Hostal Casa Antón Soutoxuste, Km 134 N-550 Viso.
  • Tlf./fax 986 495136 / 986 495336
  • Web www.casaanton.com
  • Hostal Rest. O Xardín Avda. de Redondela, 81 Chapela 164. (hostal)
  • Tlf. 986 454 274
  • Jumboli Carballiño, 9 (Cesantes) Redondela. (hostal)
  • Tlf. 986 454 274
  • Restaurante O Regato Outeiro das Penas, 164 (playa de Cesantes). ( 1 estrela)
  • Tlf./Fax 653794740/653794741
  • Brasil 2 Quintela, 61 Redondela. (2 estrelas)
  • Tlf. 986 402 251
  • Hostal Bahía de Chapela Avda. de Redondela, 6 Chapela. (2 estrellas)
  • Tlf: 986 452780

Rede de Nike+

Posted by xurxo | Posted in | Posted on 13:18

0

Aquí en redondela non hay moita xente que se dedique a correr, pero aínda así se encontra a xente que corre, pero na rede de corredores, encontrei un montón de Redondelanos e distintas rutas creadas por eles.

Se queres ser membro de esta rede soamente necesitas duas cousas:

  • IPhone, Ipod Touch e/ou Ipod nano
  • Nike+
Espero verte por esta rede de corredores (se queres votar un vistazo, soamente tes que facer clic no menu da parte de arriba da páxina, onde apareze a imaxe de Nike+

Natación

Posted by xurxo | Posted in | Posted on 12:49

0

En Redondela, este deporte non está moi xeralizado, pero buscando na páxina de Serviocio, encontrei moitísimas actividades que se poden facer na píscina municipal:


  • Natación Bebés, Natación Preescolar, Natación Infantil: Iniciación, Perfeccionamiento, Escola de Salvamento.
  • Natación Adultos: Aprende, Perfeccionamiento, En forma, Terapéutica, Sanauga (programa específico para personas de idade avanzada), Escola de Salvamento e Aquagim.
  • Actividades Dirixidas: Aeróbic, Gimnasia de Mantenimiento, Workpower, Ciclo Indor, Defensa Persoal, Fitness, Pilates, Aerobic Infantil, Latino.
Aparte de todas estas actividades, na píscina tamén entrena xente federada para ir a competicións ao redor de Galicia

Club de remo Chapela

Posted by xurxo | Posted in | Posted on 13:23

0

Clasificación por regatas LGT 2010:

Este clube é moi recoñecido no mundo dos remeiros, e ten moitos premios, pero este ano 2010 o primeiro posto o perdeu na última regata contra o "Amegrove" por soamente13 segundos na liga de traiñas, no campo de regatas de Vilagarcía de Arousa. Pero non todos os anos foron así de bos, concretamente fai tres, na X Bandera Teresa Herrera, un golpe de mar "destrozou" a embarcación do clube, facendo que non poidderan seguir na competición.


   

Patinaxe Bolboreta

Posted by xurxo | Posted in | Posted on 11:25

0

Este é un club de patinaxe que consta dunhas oitenta patinadoras e adestran normalmente os venres, despois de que o ano pasado tiveran tantos problemas por conseguir un pavillón para adestrar. Agora, este ano todos os problemas están solucionados e se queredes ir a ver adestrar, xa sabedes o pavillón de Reboreda está aberto ao público. Esta agrupación de nenas tamén fan competicións como esta, que fixeron o 29 de maio en Randufe, pero non soamente van a outros sitios a facer competicións, tamén as poredes ver algunha vez na xunqueira, sobre todo en verán, porque agora con este tempo, aver quen vai a velas XD 



Fútbol sala

Posted by xurxo | Posted in | Posted on 17:06

0

Estes son os resultados que están obtendo os nosos amigos do futbol sala, sacados da federación.


Non son os mellores, pero como Redondelanos que son, hay que apoialos, xa iran mellorando co tempo, pero de momento os podedes ir a ver ao pavillón, cando xogangan na casa os fines de semana.

Escola de Fútbol base

Posted by xurxo | Posted in | Posted on 16:36

0


  • Historia
Redondela E.F.B. é a transformación do Grupo CP-81, o Club coñecido como Casa Paco.
Grupo CP-81 (Casa Paco), Club fundado no 1977 por D. Manuel Conde Docampo, persoa que durante máis de 30 anos, xunto con outros pais que desinteresadamente colaboraban, dedicou todos os seus esforzos e antencións a todas as xeracións de xovenes e nenos que pasaron por este Club.
Daquela o club tiña: 1 equipo Cadete, 1 Infantil, 1 Alevín e 1 Benxamín.

Neste Club se formaron xogadores que hoxe en día son profesionales do fútbol, como Pablo Couñago e Iago Bouzón :


  
  • Pablo Couñago , campeón do mundo ca Selección de España Sub-20 en Nixeria (1999),  Bota de Ouro nese mundial. Na actualidade xoga na liga Inglesa, concretamente no Ipswich Town




    • Iago Bouzón viste actualmente a camisola do Recretativo de Huelva en 1ª Division.



    • Actualidade
    Actualmente este clube, está formado por 14 equipos (cada imaxe ten unha hiperligacón para ver a sua clasificación) :




        
                                                      
     
     



    Balomán Chapela

    Posted by xurxo | Posted in | Posted on 16:19

    0

    CD Choco

    Posted by xurxo | Posted in | Posted on 14:09

    0


    O Club Deportivo Choco é un equipo de fútbol redondelán que milita actualmente na Preferente Autonómica, no seu grupo meridional.


    O Club Deportivo Choco fundouse no ano 1953, e chegou a xogar sete tempadas na terceira división. O equipo de xuvenís chegou a quedar 4º na Liga Nacional na temporada 1995-96 con Generoso Muíños como adestrador, o mesmo que conseguiría o ascenso que devolvía o Clube Deportivo Choco á Rexional Preferente na temporada 1998-99, 11 anos despois. En agosto de 2010 por mor do descenso administrativo da SD Compostela, foi ascendido de novo a terceira división, logo de quedar 3º na fase de ascenso, pero días despois decidiu rexeitar o ascenso ao non poder pagar a cantidade esixida pola Federación Galega de Fútbol.


    Xoga no campo de Santa Mariña, situado na saída de Redondela cara a Pontevedra, onde tamén xogan e adestran todos os seus equipos de categorías inferiores. Viste camisola e medias vermellas e pantalón azul, e o seu segundo equipamento é azul enteiro. O material deportivo é da marca Umbro, que ten a súa sede en Redondela.
    Os seus socios roldan os 500. Ten na actualidade un equipo afeccionado que participa na Preferente Galega grupo sur, un equipo de xuvenís na Liga Galega, e equipos doutras categorías inferiores.


    Sociedade Atlética de Redondela

    Posted by xurxo | Posted in | Posted on 13:20

    0



    • REPRESENTANTE










    LUIS ALBERTO ORGE MÍGUEZ 
    • LOCALIDADE 
    REDONDELA
    • E MAIL 
    balonmansar@gmail.com 
    • TERREO DE XOGO
    PAVILLÓN MUNICIPAL DE REDONDELA 
    • ENDEREZO DO TERREO  
    Avda. Mendiño, s/n. 
    • TELÉFONO DO TERREO
    986404794 
    A S.A.R. e un equipo que leva moito tempo xogando aquí en Redondela, de feito leva tanto tempo que cando comezaron  nin existía o pavillón, tiñan que xogar, na actual pista da xunqueira, pero como "morrían" canda vez que tiñan que ir xogar, tanto no verán como no inverno, o concello decidiu facer o noso pavillón. Desde aquela a S.A.R. leva xogando e loitando por ascender, pero este ano as cousas se lle están poñendo bastante difícil e están loitando por non descender, para isto o equipo dos maiores fixo unha nova fichaxe dun búlgaro, Miroslav.

    • Equipos do clube: